Redes de Sal

Proxectos

Redes de Sal organiza o Festival Mar de Mares, que se celebra anualmente desde 2014 na cidade da Coruña e desde o que se pretende poñer en valor a cultura do mar. Mar de Mares é un evento único e multidisciplinar que convida a celebrar os océanos como fonte de riqueza natural imprescindible.

Situada no Atlántico, A Coruña ten unha cita anual en setembro coa arte, a ciencia, a educación e o activismo en prol da defensa dos mares. Exposicións, proxeccións, charlas, talleres científicos e de reciclaxe, música, visitas intermareais, deporte, emprendemento e unha ampla oferta en gastronomía mariñeira aúnan diversión, entretemento e sensibilización a favor dos océanos.