Obxectivos

  • Dar a coñecer o patrimonio natural e cultural das zonas costeiras, recuperar a historia dos nosos pobos, cidades e xentes en relación co mar e salientar o protagonismo dos mares no noso acervo cultural. 

  • Traballar na recuperación da relación das persoas co territorio que habitan e as tradicións propias deste, coa sustentabilidade e a preservación como eixos fundamentais. 
  • Fomentar a apreciación dos produtos do mar, divulgando o seu aproveitamento e consumo responsable.
  • Sensibilizar e implicar á cidadanía nos problemas socio-culturais e ambientais dos océanos mediante a arte, a cultura, a ciencia e o deporte.
  • Visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres en todos os ámbitos da actividade mariña.

  • Tecer redes de cooperación e intercambio cos profesionais do mar desde os ámbitos da cultura, a natureza, a ciencia, a educación,  o deporte, o turismo e a industria.
  • Favorecer sinerxías con outras entidades nacionais e internacionais similares en obxectivos.
  • Instar as administracións e institucións públicas a dar un paso adiante en cuestións ambientais.
13_Exposicion fotografica

Para acadar os seus obxectivos, Redes de sal traballa nos seguintes ámbitos:

Arte e cultura
Ciencia
Educación
Activismo ambiental
Emprendemento e liderado
Turismo
Deporte
Participación cidadá

E faino conceptualizando e desenvolvendo actividades como:

Festivais, Congresos, Exposicións, Eventos, Campañas, Encontros inspiradores, Proxectos educativos, Itinerarios turísticos, Talleres, Materiais divulgativos, Mercados, Actividades gastronómicas…