Proxectos
Redes de Sal organiza o Festival Mar de Mares, que se celebra anualmente desde 2014 na cidade da Coruña e desde o que se pretende poñer en valor a cultura do mar. Mar de Mares é un evento único e multidisciplinar que convida a celebrar os océanos como fonte de riqueza natural imprescindible.
Situada no Atlántico, A Coruña ten unha cita anual en setembro coa arte, a ciencia, a educación e o activismo en prol da defensa dos mares. Exposicións, proxeccións, charlas, talleres científicos e de reciclaxe, música, visitas intermareais, deporte, emprendemento e unha ampla oferta en gastronomía mariñeira aúnan diversión, entretemento e sensibilización a favor dos océanos.
Proxecto_
Actividades de sensibilización e posta en valor Golfo Ártabro Sur
A exposición fotográfica de Mandy Barker ao redor da problemática do lixo mariño xunto con obradoiros destinados a escolares e colectivos desfavorecidos, no 2019, os Encontros inspiradores arredor do mar, na que profesionais de distintos ámbitos ligados ao mar percorren os centros educativos de educación secundaria amosando as características das súas profesións, no 2020 e no 2021 a Exposición Somos Mar II con varios obradoiros creativos e encontros na que 9 artistas amosan a súa relación co medio mariño xunto coa necesidade de coidalo.
Agradecemos enormemente ao GALP Golfo Ártabro Sur o apoio recibido.